jueves, 30 de agosto de 2012










SEARA
Música Popular

 Xico de Carinho, harmónica, percusión Humberto Heredia, voz e guitarra
SEARA, terreo comunal  de sementeira ou  campo de cereais é o  nome deste  novo grupo formado por  músicos procedentes de Na Virada,  de longa  e  variada experiencia, que amosan unha  proposta musical  ecléctica con repertorio en diferentes estilos que van dende o popular galego ao folk. europeo, do latino  á  lusofonia  e da canción  de autor - en galego e português-   á música instrumental. Compre salientar os temas de composición propria e sobre autores como M. María, Novoneyra, Neira Vilas, Anisia Miranda, Vázquez Pintor, X.Lois García,  Pessoa e as  versións de Jose Afonso, Mário Branco,  G.Vandré ou Alceu Valença.





CARLOS CLARA GOMES






Cumpre durante o ano de 2011, corenta anos de carreira.
Ten no seu currículo a autoría de música para mais de unha centena de espectáculos de teatro, ópera popular, danza e vídeo, e para moitos espectáculos musicais que ten dirixido.
“um camaleon” en termos estilísticos, é asiduo frecuentador de formas musicais das culturas populares do mundo, encanto incorpora nas súas composicións arranxos de áreas como o Jazz, ou a Música Erudita e manifestacións de folclores urbanos, en moitas das súas respectivas vertentes e estilos.
Como autor, produtor ou intérprete, conta con cerca de 50 discos no seu activo, repartidos por autorías, e producións súas ou colaboracións con Adriano Correia de Oliveira, Sérgio Godinho, João Afonso, Manuel Freire, Moçoilas, Maria do Céu Guerra, Brigada Victor Jara, Luís Portugal, José Medeiros, Luís Bettencourt, Minela, Segue‐me à Capela, Uxía Senlle (Galiza), Ron Whitehead (EUA), Paulo Lepetit (Brasil), Oleg Martyr-Osov (Azerbeijão), Birgitta Jodonstir (Islândia), Andrés Stagnaro (Uruguai), Cholat‐el‐Fen (Marrocos), Kinamata Mikuluti (Moçambique), Quinteto Violado (Brasil), Daniel Schvetz (Argentina), Tato Moraes (Uruguai), Walter Hidalgo (Argentina), Vange Milliet (Brasil).
Este espectáculo é unha síntese de varias cancións de cantautores portugueses (José Afonso, Sérgio Godinho, Fausto e o propio Carlos), africanos (Ruy Mingas, Cesária Évora) e latinoamericanos (Mercedes Sosa, Fito Paes, Silvio Rodriguez, Pablo Milanés, Elis Regina, Victor Heredia, Victor Jara, rancheras e corridos da revolución mexicana, etc).







Balea´s blues quintet

 O blues son as raíces, the blues are the roots, dicía o grande contrabaixista Willie Dixon. Todo o demais é froito. E sen dúbida o blues é o grande protagonista e o fío condutor da proposta que achegan os Balea's Blues Quintet. Dende clásicos do xénero até as sonoridades máis frescas do blues actual: as raíces mesturándose con froitos que saben a soul, a latin-jazz... Temas propios ou de músicos como Eric Clapton, Scott Henderson ou Leonard Cohen, acompañados dalgúns arranxos orixinais de standards do jazz. A formación canguesa, que comezou a súa andaina alá polo ano 2008 no bairro de Balea, intégrana Juani (voz), Gabi (guitarra), Moncho (baixo), Alex (piano) e Anxela (batería). 







O neto de Manoel

 Tempo ... o caminhar do tempo, que ás veces parece tan diferente, pois carece de importancia o ter que ir ou vir, o ter que dar pra recibir ou o ter que mentir pra só enganarse a un mesmo .... Asi nace O Neto de Manoel no intercambio de lembranzas dun home marcado polo transcurrir do tempo ... e plasmadas en sinxelas composicións dun músico de ourella. O seu andar comenza alá polo 96 no grupo de folck E Ti que Dis, pasando logo por grupos como Dos Pelos Negros ou A Tuna Rastafari onde as súas composicións se fixeron máis conhecidas. Agora presenta as súas últimas composicións da man dos Fillos de Quen Band banda composta por Alex Torresquesana (acordeón), Alex "Master" (baixo), Chus (baterista) e Anxo Graña (percusión) fasendo o que él denomina Verbena Son ou Cumbiarumba Furancheira co que intentará prender un pouco de lumeeeeeee festeiro aló por onde vaia.


The Tetas Van
 Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas’ Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.The Tetas’ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario