miércoles, 21 de agosto de 2013

Leo Arremecághona


A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores dacanción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda a Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon"Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).
No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
Forma arte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital(xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).

No hay comentarios:

Publicar un comentario