miércoles, 21 de agosto de 2013


R.M.S. Group


Rock clásico entre os anos 60` e 80`.
Os directos traballados instrumental e vocalmente fan de R.M.S. unha banda coa que o disfrute é un feito.
The Beatles, JJ Cale, Pink Floyd, Cheap Trick ou Judas Priest, son algunhas das bandas que versionean.

Juanchi Reyes: Baixo e Voz, Carli Miguez: Guitarra e Voz, Xoel L. Schwarz: Batería e Voz
Leo Arremecághona


A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores dacanción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda a Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon"Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).
No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
Forma arte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital(xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).
Tres Estralos


Carlos Do Viso, Luis Martínez e Diego Langarika, forman este trio musical que bebe das fontes do repertorio tradicional do sur de Galicia e norte de Portugal. Unha característica combinación de instrumentos de fabricación propia, Arpa, Zanfona e Bouzuki, que xunto a voz acadarán un timbre único

Bolboreta Lydia Botana


Lydia Botana, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.
Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011. Ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña.

Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví; xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film “L´uomo che verrâ” en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona,X e XI Foundation Reggae Festival (Everton Blender, Fidel Nadal, Andrew Tosh- Culleredo, A Coruña), IX Festival Reperkusión (Allariz, Ourense), Brincadeira 2011(Europe, Rosendo, La Kinky Beat- Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011 (Che Sudaka- Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Reincidentes, The Locos- Chantada, A Coruña),Festigal 2012 (La Phaze, Zënzar- Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Calle 13, Status Quo- Cambre, A Coruña), etc.
En febreiro 2012 grava, íntegramente, “No me importa nada” e “Walk away” ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuó na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén “Ken nos Keima”, misturado por Javier Abreu coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e ó baixo Sebas (Che Sudaka).
En 2012, comeza como batería e acordeonista de Labreg*s do tempo dos Sputniks e colabora nos directos de bandas coma La Pegatina, Canteca de Macao, Zënzar, Konflikto, Dakidarria, Dios ke te crew, Banda Fura-Fura con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Ico (O Sonoro Maxín), Bocixa (Zënzar), Roi (Quempallou), A Magnifique Band,…Chimango, Desorden Público, … Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo…



Na actualidade encóntrase gravando o seu primeiro cd en solitario e pódese atopar en diferentes recopilatorios coma o 7º Buskers Festival Barcelona (2011), IX Festival Reperkusión (2011), en solitario ten publicado o tema “Quen nos queima” no recopilatorio “Lo peor de la rumba” xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka…

The Tetas Van


Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas’ Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as salas de concertos coas súas músicas.
Ainda que somos especialistas en versións o noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas.
The Tetas’ Van somos artistas e malabaristas xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.

lunes, 19 de agosto de 2013