The Tetas Van
Chegou a revolución en feminino!!! The Tetas’
Van somos un grupo de chicas na súa maioría (ainda que contamos con
marabillosos músicos chicos nos nosos cabaréts) que pretende revolucionar as
salas de concertos coas súas músicas.
Ainda que somos especialistas en versións o
noso obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as
inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos
ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas,
textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos
regalan as súas verbas encantadas.
The Tetas’ Van somos artistas e malabaristas
xa que combinamos a nosa vida de profes, estudiantes, nais, irmás, tías e
amigas ca de músicas que buscan a diversión e a felicidade a través das notas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario