jueves, 14 de junio de 2012





1 comentario:

  1. O I Festival da Cultura Proletaria celebrouse o 14 de agosto de 2010, na Carballeira de San Amaro en Aldán, no concello de Cangas. Ás 12 da mañá comezou a foliada co “Ghaiteiriño de Aldán”. A partir das dúas, xantar popular a base de gastronomía mariñeira, atendida por compañeir@s do sindicato. Os actores Ze Paredes e Mónica Camaño, foron quenes conduciron e presentaron ós participantes durante toda a xornada. Recitaron na sobremesa, Oriana Méndez e Anxo Angueira. Logo subiron ó escenario por esta orde; “Manolo Bacalhao”, “Mini e Mero”, “Luís o Caruncho”, “Balea´s Blues Quintet”, “Leo e Arremecaghona” e pechou o festival “Ataque Escampe”. Éxito no programa e tamén na asistencia a esta primeira edicción neste fermoso marco de Aldán. Bo comezo para unha iniciativa que pretende ter continuidade.

    ResponderEliminar