jueves, 14 de junio de 2012


1 comentario:

  1. A segunda edición do Festiproletario tivo lugar o 25 de xuño de 2011 na Granxa de Reboredo, sede da A. Cultural A Tiradoura, tamén en Cangas do Morrazo. Nesta ocasión a organización dispuxo dunha zona de acampada no propio recinto. Os trinta e catro grados de temperatura non foron impedimento para a asistencia masiva durante todo o día ó evento. Comezou a festa cas gaitas de “Chacarandaina”, e o “Ghaiteiriño de Aldán” que axudaron ós preparativos gastronómicos e ó xantar. Pola tarde na penumbra fresquiña do lagar, tivo lugar o recital poético con Chus Pato, Xiana Arias, Anxo Angueira e Mendez Ferrín. Xa a tardiña coa conducción do programa a cargo de “Luís o Caruncho”, foron pasando polo escenario os grupos; “Balea´s Blues Quintet” que repetía no Festiproletario, “Das Kapital”, o grupo de A Coruña “Eskarallaos” e pechaba esta segunda edición o grupo “Skarnio” que reaparecia despois dun ano fora dos escenarios.

    ResponderEliminar