jueves, 19 de julio de 2012


Porque a CULTURA nace do pobo e para o pobo, a CUT botou a andar o Festival da CULTURA Proletaria: agromar da alegría e da forza de cidadáns que loitan cada día por un futuro mellor para a nosa clase, un espazo de liberdade, enerxía creativa e convicción nos valores proletarios. Construímos este Festival da mesma maneira que queremos construír a vida do noso país, da man do pobo traballador!
A CUT por terceiro ano consecutivo, está a levantar o III FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA. Dende o noso sindicato sabemos que os e as artistas que merecen levar ese nome se posicionan cos traballadores e traballadoras, achegando o seu alento, alegría e un xeito diferente de achega cara a xustiza, a liberdade e a fraternidade. CULTURA contra a alienación capitalista! Porque sabemos que é necesario crear espazos ceibes, onde os compañeiros e compañeiras se poidan encontrar e convivir aprendendo e reflexionando xuntos. CULTURA contra a alienación capitalista! Por que o noso pobo ten unha particular forma de se expresar e necesita celebrar as conquistas de cada día. CULTURA contra a alienación capitalista! Porque sabemos que ao noso pobo se lle está a cortar o acceso aos bens culturais por parte dos gobernos do estado e da autonomía. CULTURA contra a alienacíon capitalista! Porque unha festa tamén é un acto de reivindicación colectiva dunha forma de estar no mundo, a nosa, a galega: CULTURA contra a alieanación capitalista! Porque bufóns,  trobadores, músicos, poetas, pintores, escultores, canteiros... foron sempre os megáfonos do pobo creando universos onde instalar os nosos soños: CULTURA contra a alienación capitalista!

Por todo isto, e porque cremos que un pobo sen CULTURA deixa de existir, a CUT bota a andar o III FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario